Psicóloga/psicológo

Hace 4 semanas

Santiago de Compostela A Coruña provincia, GA, España Asociación Arraianas Jornada completa
País España Provincia Santiago de Compostela
- A Coruña Fecha límite Inscripción 14/09/2026 Categoría Atención Directa Información de la ONG Asociación Arraianas Valoración (0 valoraciones) info % de respuesta: 61,24% info Objetivo Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo un ou unha profesional da psicoloxía. Funcións do posto: Identificación, avaliación e seguimento das posibles vulnerabilidades e necesidades particulares de atención das persoas participantes dos proxectos da entidade. Derivacións a recursos especializados de atención de posibles situacións que requiran atencións específicas. Deseño e dinamización de actividades grupais de temáticas de interese para as persoas atendidas na entidade. Promoción da saúde mental das persoas atendidas pola entidade. Intervención en situacións de crise. Traballo de mediación en situacións de conflito. Elaboración de informes psicolóxicos de uso interno e/ou para distintas administracións cando sexa preciso acreditar determinadas situacións de vulnerabilidade. Realización de acompañamentos a recursos especializados e/ou administracións no caso de valorarse preciso. Promover no equipo de traballo o coñecemento actualizado da realidade psicolóxica da migración e/ou doutras situacións de vulnerabilidade. Cumprimento dos requirimentos legais, documentais e de rexistro dos proxectos. Elaboración de memorias, informes e propostas de mellora dos proxectos así como tarefas na xestión administrativa dos mesmos. Coordinación e seguimento con membros do resto do equipo de Arraianas así como con técnicos/as de outras entidades e/ou organismos públicos. Acompañamento ao equipo en prácticas e/ou voluntario da entidade.

Perfil:
Requisitos mínimos: Titulación universitaria en Psicoloxía. Estar colexiada e ter habilitación como Psicólogo/a Xeral Sanitario/a. Alta competencia cultural e experiencia en traballo con persoas migrantes e/ou solicitantes de Protección Internacional. Experiencia acreditada no posto de 2 anos. Coñecemento dos recursos sociais e de saúde da contorna. Dominio das linguas cooficiais. Dominio de ferramentas informática: Word, Excel, Power Point, Bases de Datos, etc. Certificación negativa de delitos de natureza sexual. Alta sensibilidade, compromiso social e compromiso cos valores da entidade. Requisitos desexables: Formación en igualdade e migracións. Formación en Terapia Familiar Sistémica. Experiencia no Terceiro Sector. Idiomas: inglés, francés e/ou árabe. Carnet de conducir B1. Coche propio.

Competencias:
Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Organización y planificación, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo Nivel: Empleado Tipo de contrato: Jornada completa Duración: Sin especificar

Salario:
Entre 24.001 y 30.000 € bruto/anual Estudios mínimos: Licenciado Experiencia mínima: Al menos 2 años Fecha de inicio: 21/06/2026 Fecha finalización de la actividad: 31/12/2026 Nº de vacantes: 1