![Asociación Arraianas](https://media.trabajo.org/img/noimg.jpg)
Avogado/a
hace 4 semanas
Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo un/unha avogado/a.
**FUNCIÓNS PRINCIPAIS DO POSTO**:
- Información e asesoramento en dereito de estranxeiría, así como noutras ramas do dereito (civil, laboral, etc).
- Información e asesoramento especializado en materia de estranxeiría, asilo e protección internacional ata esgotar a vía administrativa.
- Acompañamento ás oficinas e administracións públicas.
- Preparación de escritos xurídicos e administrativos (alegacións, recursos, etc).
- Seguimento e acompañamento xurídico individual e/ou grupal durante todo o proceso de intervención.
- Cumprimento dos requirimentos legais, documentais e de rexistro dos proxectos.
- Coordinación e seguimento con membros do resto do equipo de Arraianas así como con técnicos/as doutras entidades e/ou organismos públicos.
- Acompañamento ao equipo en prácticas e/ou voluntario da entidade.
- Perfil/Requisitos
Requisitos mínimos:
- Titulación: Licenciatura/Grado Universitario en Dereito. Formación complementaria ou experiência en funcións de asesoramento xurídico en Dereito de Estranxeiría. Formación en enfoque de Xénero e Dereitos Humanos.
- Experiência de dous anos nun posto de similares características.
- Estar colexiada/o.
- Dominio das linguas cooficiais.
- Alta competencia dixital. Dominio de ferramentas informáticas: Word, Excel, Power Point, Bases de Datos, etc.
- Alta sensibilidade, compromiso social e compromiso cos valores da entidade.
Requisitos desexables:
- Formación en igualdade e migracións.
- Experiência no Terceiro Sector.
- Coñecemento dos recursos sociais da contorna.
- Idiomas: inglés, francés e/ou árabe.
- Competencias
- Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Capacidad de aprendizaje, Organización y planificación, Fiabilidad técnica y personal, Trabajo en equipo
- Nível
- Empleado
- Tipo de contrato
- Media jornada
- Duración
- Hasta 6 meses
- Salario
- Entre 24.001 y 30.000 € bruto/anual
- Estudios mínimos
- Licenciado
- Experiência mínima
- Al menos 1 año
- Fecha de inicio
- 13/09/2024
- Fecha finalización de la actividad
- 31/12/2024
- Nº de vacantes
- 1