Creador/a de Contido Impresión 3D

hace 3 semanas


Vigo, España Dativic S.L A tiempo completo

**Descrición**:
A EMPRESA:
Dativic S.L é unha empresa innovadora enrolada no mundo da impresión 3D ou fabricación aditiva. É maioritariamente coñecida grazas á súa liña de negocio e-commerce baixo a marca Filament2Print, a través do cal se comercializan unha das maiores gamas de produtos de impresión 3D do mercado europeo. Diferénciase polo seu alto nível de servizo e fiabilidade ofrecido ao mercado con máis de 3000 referencias en stock e realizando envíos a todo o mundo.

FUNCIÓNS:

- Creación de contido técnico sobre impresión 3D para ecommerce (fichas de produtos, artigos para o blog...).
- Realización de fotografías, vídeos e deseños necesarios para web, canles dixitais, eventos, etc.
- Guionización, gravación e edición de vídeos.
- Xestión e dinamización de redes sociais.
- Planificación de calendario editorial para coordinación de contido e comunicación en todas as canles da marca.
- OFRÉCESE:

- Contrato en xornada completa (40 horas de luns a venres).
- Formar parte dunha empresa de referencia no sector da fabricación aditiva con vocación internacional e en plena expansión.
- Posibilidade de crecer xunto á empresa.
- Centro de traballo na contorna de Vigo (Nigrán).
- Cultura de empresa orientada a valores corporativos: Paixón, profesionalidade, orientación ao cliente e mellora continua.

**Posto**: Creador/a de contido impresión 3D

**Requisitos Mínimos**:

- Persoa organizada, resolutiva e proactiva.
- Capacidade de coordinación e planificación.
- Coñecementos sobre impresión 3D, especialmente sobre a tecnoloxía FDM.
- Coñecementos de edición fotográfica e deseño gráfico.
- Coñecementos de gravación e edición de vídeo.
- Experiência no uso do CMS Prestashop.
- Excelente redacción.
- Nível alto de inglés.

**Requisitos Desexados**:

- Coñecemento de outro(s) idioma(s) (francés, portugués, alemán, italiano).
- Uso avanzado de Excel.

**Experiência Mínima**:
**Estudos Mínimos**:
Titulado en Comunicación Audiovisual, Belas Artes, Administratación de Empresas, Marketing